Escoitar
Anuncio Mobilidade e Seguridade

Corte da rúa Santa Marta ao tráfico

Ponse en coñecemento do público en xeral que por mor das obras de canalización de gas en duas fases haberá cortes de tráfico, na 1ª fase estará pechada ao tráfico a rúa Santa Marta en sentido ascendente, entre Torrecedeira e Llorente, por un período aproximado dunha semana.

domingo, 17 set 2006
O desvío,debidamente sinalizado, establécese pola rúa Llorente.

Na 2ª fase estará pechada a rúa Llorente en sentido descendente, entre Santa Marta e Pi Margall, por un período aproximado dunha semana.

O desvío, debidamente sinalizado, establécese pola rúa Paz.

As obras iniciaranse o luns 18 de setembro de 2006 as 08.00 horas e por un período aproximado de dúas semanas.

Solicítase a máxima colaboración cidadá.