A Mesa de Contratación trata melloras nas rúas por valor de 2,3 millóns
O portavoz de Goberno local, José Manuel Figuerao, anunciou hoxe luns o paso pola Mesa de Contratación dun conxunto de expedientes administrativos correspondentes a obras de mellora de varias rúas do termo municipal, por importe duns 2.347.000 euros.

Concretamente, trátase dun expediente de mellora das beirarrúas da Tarvesía de Vigo, por 1.061.000 euros, outro de humanización da rúa Cruz Branca, por 250.000, e outros tres nos cales se inclúen obras en diferentes rúas de Vigo.
No primeiro destes, por valor de 392.000 euros, está a mellora das beirarrúas das baixadas á Salgueira (82.000 euros) e a San Paio (40.000) e a das rúas Manuel Garrigues (59.000) e San Cristovo (85.000), entre outras.
Os outros dous expedientes, referidos tamén á mellora de beirarrúas, supoñen un investimento total de 643.000 euros, e neles inclúense rúas como a de Cesáreo Vázquez e Areeiro.
Xunta de Goberno
Tamén se referiu José Manuel Figueroa aos asuntos tratados na Xunta de Goberno Local de hoxe luns, entre os que destacan, no apartado de Alcaldía, a solicitude ao Instututo Enerxético de Galicia dunha subvención para a promoción do transporte urbano en bicicleta, a través de sistemas de uso público deste medio de locomoción, por valor de 140.000 euros.
Na área de Patrimonio Histórico aprobouse a recepción da obra de rehabilitación do estanque e do muro de peche do xardín histórico do Pazo Museo Quiñones de León, que supuxo un investimento duns 126.000 euros por parte do Concello. Así mesmo, o Goberno local renovará o convenio-marco coa Fundación Liste e o Museo Etnográfico de Vigo para 2006, achegando 96.000 euros para a súa realización.
Por outra parte, a Xunta de Goberno autorizou un gasto de 120.000 euros para a subministración de mobiliario urbano para o Auditorio do Centro Cultural de Valadares, e adxudicou a contratación dun curso de condución para persoas beneficiarias do Proxecto Actívate. O curso permitiralles aos beneficiarios do Proxecto obter o permiso de conducir vehículos de clase D e suporá un gasto duns 16.500 euros por parte do Concello.
Por último, recibiu o visto bo da Xunta de Goberno a resolución da convocatoria de subvencións para o fomento de actividades de Participación Cidadá e Desenvolvemento Sociocomunitario para 2006. A contía desta convocatoria ascende a cerca de 144.000 euros, que se reparten proporcionalmente entre os dous programas obxecto de subvención: 22.000 euros para o "Programa de mantemento das entidades que operan no ámbito do movemento veciñal" e 122.000 para O "Programa de actividades de Participación Cidadá e Desenvolvemento Sociocomunitraio".
Descargar todas as imaxes