A praza da Independencia será escenario dun desfile de moda este venres
A concelleira de Turismo e Comercio, Lucía Molares, e representantes da asociación de comerciantes das Travesas presentaron hoxe mércores o desfile de moda Look Outono-Inverno, que terá lugar o próximo venres a partir das 19:30 horas na praza da Independencia.

Este desfile de moda concíbese, segundo explicou Lucía Molares, como unha "iniciativa de dinamización comercial". Nel participarán dez mozas e cinco mozos que levarán roupa e complementos de tendas pertencentes á Asociación de Comerciantes e Empresarios das Travesas, cuxo vicepresidente, Antonio Navarro, lamentou "a competencia das grandes áreas".
O deseñador do desfile, Antonio Bugallo, acudiu á presentación deste evento para sinalar que os deseños e o decorado que se poderán ver o venres na praza da Independencia están "enfocados na moda dos 80", unha década que "marcou moita tendencia", segundo indicou.
Descargar todas as imaxes