Escoitar

Rexistro de incidentes causados polo temporal

O temporal Gordon causou ao seu paso por Vigo danos de importancia relativamente escasa, segundo mostran os datos do rexistro de incidentes elaborado polos servizos municipais.

xoves, 21 set 2006
En concreto, verificouse o desprazamento de contedores na Avenida ao Aeroporto e nas rúas Estrada, Gregorio Espino, Redomeira, Ramón Nieto, Isaac peral, Serafín Avendaño e Urzaiz, así como nas rúas Cangas e San Roque, nas que o desprazamento dos contedores resultou en danos a dous vehículos.

Ademais, houbo caída de valos publicitarios nas rúas Beiramar, Pablo Iglesias e Alexandre Bóveda, de pólas en Xoán XXIII, Redondela e Corredoura; dunha cornixa no número 25 da rúa Anduriña, dunha lousa no número 73 da rúa Florida e dunha cerca no 83 da rúa Cantabria.

Danos en árbores

Finalmente, rexistráronse os seguintes danos causados polo temporal en diferentes variedades de árbores nas seguintes rúas:

Gran Vía: rotura da copa dun olmo

Regueiro: rotura parcial de dúas copas de olmo e rotura pola base dun olmo

Torrecedeira: rotura parcial da copa dun olmo

Guarda: desprendemento da póla dun salgueiro

E. Leucona: rotura dunha árbore de aliñación e inclinación doutras catro unidades da mesma variedade

Castrelos (Pradeira do Pazo): rotura de varias pólas de acacia e caída dun exemplar

Parque de aqualia: rotura da póla dun plátano, que provoca a rotura dun cristal dun vehículo. Desprendemento da póla dun chopo no parque infantil

Samil: rotura dun tamarindo

Samil-Alcabre: rotura dunha póla de chopo e caída dun piñeiro

Mirambel: desprendemento de dúas pólas de eucalipto

Ricardo Mella: caída dunha árbore

Corredoura: caída dunha árbore.