Decisións ao respecto de dous alleamentos na Xerencia de Urbanismo
O Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo acordou hoxe xoves declarar deserto o procedemento e aprobación de expediente de contratación por procedemetno negociado para o alleamento do aproveitamento urbanístico atribuído ao Concello na Unidade de Execución IV-07 Montecelo Alto.
Ademais, o Consello da Xerencia aprobou o prego de cláusulas administrativas para o alleamento do aproveitamento urbanístico atribuído ao Concello no polígono 1 do Plan Parcial Quirós, así como a apertura do procedemento para a súa adxudicación.
Por último, declarouse a ruína do edificio sito na rúa Covadonga, 28, e ordenouse á súa propietaria a que proceda, no prazo dun mes, á limpeza do interior do inmoble de vexetación e restos da construción. Así mesmo, a propietaria deberá manter os cerramentos de pedra existentes e garantir a súa estabilidade para a súa futura rehabilitación e cesión.
Descargar todas as imaxes