Escoitar

Xunta de Goberno Local

venres, 22 set 2006
ASUNTOS PARA INCLUIR NA SESIÓN ORDINARIA DA XUNTA DE GOBERNO LOCAL DO 25 DE SETEMBRO DE 2006.


1.- Acta da sesión ordinaria do 7 de agosto de 2006.


ALCALDÍA
2.- Proposta de concesión de subvención á Asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharaui para a financiación do proxecto "Vacaciones en Paz 2006" para nenos saharauis. Expte. 3357/101.

ASESORÍA XURÍDICA
3.- Sentenza do TSXG no r.c.a. 02/4446/02 interposto por D. ALBERTO MARTÍNEZ ALDARIZ contra acordo denegatorio da solicitude de subrogación do aparcamento subterráneo da rúa Coruña. Desestimado.

4.- Sentenza do TSXG no r.c.a. 02/5670/2002 interposto por Dª. Mª Teresa Romero Perdiz contra desestimación presunta de reclamación de responsabilidade patrimonial. Desestimado.

5.- Sentenza do Xulgado do Contencioso-Administrtivo nº 1 de Vigo no r.c.a. nº 376/2005 interposto por Dª. Mª JESUS RAMIL REAL contra resolución desestimatoria de reclamación de responsabilidade patrimonial. Estimado parcialmente.

6.- Sentenza do X. Contencioso-Administrativo nº 1 de Vigo no r.c.a. nº 411/05 interposto por D. JESUS MARTÍNEZ PASEIRO contra desestimación presunta de reclamación de responsabilidade patrimonial. Desestimado.

7.- Sentenza do X. Contencioso-Administrativo nº 3 de Pontevedra no r.c.a. nº 291/05 interposto por Dª. Mª SOLEDAD BARCALA LUBIAN contra sanción de tráfico. Desestimado.

8.- Auto do X. Contencioso-Administrativo nº 1 de Vigo no r.c.a. nº 196/05 interposto por D. ALFONSO LÓPEZ PÉREZ contra sanción de tráfico. Auto de desestimento.

9.- Auto do X. Contencioso-Administrativo nº 1 de Vigo no r.c.a. nº 400/05 interposto por Dª. Mª ISABEL UCHA RODRÍGUEZ contra desestimación presunta de reclamación de responsabilidade patrimonial. O Auto inadmite o recurso.

10.- Auto do X. Contencioso-Administrativo nº 2 de Vigo no r.c.a. nº 40/06 interposto por D. ANTONIO DOMÍNGUEZ PARDELLAS contra desestimación presunta de rec. reposición interposto contra sanción por contaminación acústica. Rematado o recurso.

11.- Auto do X. Contencioso-Administrativo nº 1 de Vigo no r.c.a. nº 200/05 interposto Dª. MARÍA DASIL LÓPEZ SANTANA contra desestimación presunta de reclamación de responsabilidade patrimonial. Inadmisible o recurso.

12.- Auto do TSXG no recurso de apelación nº 4113/2006 interposto por Dª. MARÍA DASIL LÓPEZ SANTANA contra auto do X. Contencioso-Administrativo nº 1 de Vigo, en relación coa desestimación presunta de reclamación de responsabilidade patrimonial. Desestimado.

13.- Auto do X. Contencioso-Administrativo nº 1 de Vigo no r.c.a. nº 332/05 interposto por GE CAPITAL LARGO PLAZO S.L. contra sanción de tráfico. Rematado o procedemento.

14.- Auto do X. Contencioso-Administrativo nº 1 de Vigo no r.c.a. nº 26/05 interposto pola XUNTA DE GALICIA contra desestimación presunta do requerimento formulado contra liquidación de IBI. Caducado o recurso.

15.- Auto do X. Contencioso-Administrativo nº 1 de Vigo no r.c.a.nº 205/05 inteposto por Dª. Mª CARMEN SALGADO PEREIRA E OUTRO contra desestimación presunta de reclamación de responsabilidade patrimonial. Inadmisible o recurso.

16.- Auto do X. Contencioso-Administrativo nº 1 de Vigo nº r.c.a. nº 270/05 interposto por COMPAÑÍA DE JESUS-PROVINCIA DE CASTILLA en relación coa solicitude de exención de pagamento de IBI. Rematado o procedemento.

17.- Auto do X. Contencioso-Administrativo nº 1 de Vigo no r.c.a. nº 246/05 interposto por D. ADOLFO AGULLA GALLEGO en relación coa solicitude de devolución dun terreo sito na Gran Vía incluído no Inventario Municipal. O Auto declara incompetencia de xurisdicción.


BENESTAR SOCIAL
18.- Revisión de prezos do contrato de Servizo de vixilancia e seguridade en CEDRO segundo o IPC xuño 2005-xuño 2006. Expte. 16715/301.


PATRIMONIO E CONTRATACIÓN
19.- Adxudicación do concurso para a subministración de trofeos destinados a ser utilizados como premios institucionais. Expte. 6022/333.

20.- Devolución de fianza a favor de Manufacturas del Lerez S.L. pola subministración de rexilla antivandálica abisagrada. Expte. 1426/241.

21.- Reclamación de D. Angel Alonso González de responsabilidade patrimonial por danos. Expte. 831/243. Estimada.

22.- Reclamación de Dª. Margarita Morán Márquez de responsabilidade patrimonial por danos. Expte. 16683/240. Desestimada.


PATRIMONIO HISTÓRICO
23.- Ampliación de convenio de colaboración entre o Concello de Vigo e a Universidade de Vigo para o desenvolvemento do Proxecto de I+D "Investigación e musealización da Vila Romana de Toralla". Expte. 3470/307.

URBANISMO
24.- Cesión gratuita ao Instituto Galego da Vivenda e do Solo da parcela número XVII-A prevista na modificación do Plan Parcial de Navia. Expte. 4617/401.


VIAS E OBRAS
25.- Devolución de fianza a BERA Distribuciones Textiles S.L. por acceso de camións pola rúa Progreso ata rúa Velázquez Moreno. Expte. 50124/250.

26.- Rogos e preguntas.