A delegación do Standard de Liexa, recibida pola alcaldesa no Concello
A alcaldesa, Corina Porro, recibiu hoxe xoves no Concello a unha delegación do Standard de Liexa, equipo de fútbol belga que xoga esta noite ás 21:00 en Balaídos contra o Celta en partido da Copa da UEFA.
![1159451166uefa280906.jpg 1159451166uefa280906.jpg](https://xornal.vigo.org/storage/xornal-historico/medi/xornal/noticias/imx/opt/1159451166uefa280906.jpg)
Encabezou a delegación belga o presidente do club, quen estivo acompañado polo vicepresidente do Standard e o gobernador da provincia de Liexa, entre outros. Corina Porro recibiu dos belgas a camisola vermella do equipo visitante e bromeou con eles facendo referencia ao seu celtismo.
Descargar todas as imaxes