Escoitar

Xuventude inaugura un espazo de ocio alternativo

A concellería de Xuventude, en colaboración coa Sala A, pon en marcha a partir do 7 de outubro, un novo espazo de ocio alternativo que , baixo o nome de "Sala Ábrete", estará dirixido a rapaces e rapazas de entre 14 a 18 anos . A sala permanecerá aberta de 18 a 21 horas os sábados , domingos e festivos, dende o mes de outubro ao mes de maio.

mércores, 27 set 2006
1159361867lucia270906.jpg
Este espazo xorde como resposta a unha demanda da cidade de atopar novas alternativas ás ofertas de ocio xa existentes para os máis novos. Así pois, a Sala Ábrete nace como lugar de diversión con novas experiencia de ocio saudable.

Todos os meses realizarase unha nova programación que contará con actividades de animación, espectáculo, xogos, bailes, concertos en directo, obradoiros e festas temáticas. A Sala Ábrete tamén estará aberta aos centros educativos e as entidades sen ánimo de lucro ( como deportivas, xuvenís, de solidariedade) co fin de que poidan organizar actividades para recadar fondos destinados ás viaxes de fin de curso, campionatos, accións solidarias…

A programación para o mes de outubro é a seguinte:
-Días 7 e 8 : Fin de Semana de Batuka, na que un grupo de bailaríns desta especialidade amenizará a noite e ensinaranlle aos asistentes as técnicas básicas.
-Días 14 e 15: Fin de Semana Dixital, na que os mozos e mozas poderán realizar diferentes xogos dixitais en macropantallas.
-Días 21 e 22: Fin de Semana Circus, circo en directo coa participación de malabares, zancudos, monociclo.
-Días 28 e 29 : Fin de Semana do Terror, na que a sala ambientarase condecorados terroríficos relacionados co Hallowen e o Samaín.

A sala contará cada tarde-noite coa intervención de mediadores xuvenís que dinamizarán e coordinarán as diferentes actividades.

Para máis información pódese contactar coa Casa da Xuventude ( López Mora,31), teléfono 986 294 806, web: www.xuventudevigo.org