Escoitar

Obradoiro de escritura creativa

O centro de documentación Alecrín, organiza un obradoiro de escritura creativa, coordinado por Carmen Sampredo, que comezará o próximo 3 de outubro.

martes, 26 set 2006
1159272007escritura.jpg
Carmen Sampredro coordinará o novo obradoiro de escritura con xogos creativos para armar historias tanto en grupo como de xeito individual. Tamén se analizarán textos de Grace Paley, Faïza Gènee e Nell Freudenberger entre outras escritoras e escritores que aportaron un novo estilo narrativo. A selección dos distintos xeitos de contar apunta a enriquecer e alentar a nosa propia voz a través da palabra escrita.

O curso que se iniciará o próximo 3 de outubro celebrarase dunrante tres meses todos os martes de 18 a 19:30 horas na Biblioteca Alecrín.

A Biblioteca-Centro de Documentación Alecrín ten asinado un convenio de colaboración coa Concellería da Muller para garantir o acceso do público.
Descargar todas as imaxes