Lucía Molares presenta a guía de servizos deportivos municipais
A concellería de Deportes ven de editar unha guía de servizos deportivos na que se recolle as características e datos de contacto das instalacións deportivas municipais e un directorio das mais de 300 entidades deste sector inscritas en Vigo.
A concelleira de Deportes, Lucía Molares, informou que deste xeito ponse en coñecemento da cidadanía a existencia dun enorme potencial deportivo a explotar que vai dende infraestructuras como pavillóns, polideportivos, piscinas municipais e circuítos ao aire libre, ata unhas 25 federacións que traballan a prol de deporte.
A guía distribuirase a todas as asociacións, federacións e clubs deportivos da cidade e os datos introduciranse proximamente na páxina web do Concello para unha maior cobertura informativa.
Descargar todas as imaxes
A guía distribuirase a todas as asociacións, federacións e clubs deportivos da cidade e os datos introduciranse proximamente na páxina web do Concello para unha maior cobertura informativa.