Escoitar

Inauguración da X exposición de fotos do maratón fotográfico Concello de Vigo

O xoves 28 ás 20:00h terá lugar na Casa das Artes a inauguración da exposición das fotografías do Maratón Fotográfico "Concello de Vigo". O acto contará coa presenza do concelleiro da Área de Asuntos Sociais ,Ignacio López-Chaves Castro.

mércores, 27 set 2006
Este Maratón que se celebrou dentro do programa de festas do Cristo da Victoria conta co patrocinio del Concello de Vigo e está organizado pola Agrupación Fotográfica Galega.

O pasado día 23 de xullo máis de 100 aficionados á fotografía plasmaron Vigo e os temas propostos pola organización durante máis de 12 horas.

O resultado deste día de fotos pode verse agora reflexado en algo máis de 100 copias fotográficas que se expoñen dende o día 28 de setembro até o 29 de outubro na Casa das Artes.

Ademáis, e seguindo o costume deste tipo de probas, até mañá no momento da inauguración o fallo do xurado é segredo e será nese momento cando se den a coñecer os gañadores dos premios nas distintas categorías e que ascenden a unha cuantía total de 2.250 Euros.