Novo Centro Cívico para Saiáns
A concelleira de Participación Cidadá, Marta Iglesias, inaugura o novo Centro Cívico da parroquia de Saiáns destinado a uso sociocomunitario e de acceso ás novas tecnoloxías.
                            
            Coa nova instalación o Concello dota á parroquia de Saiáns dun centro para actividades sociocomunitarias que dispón de aula de formación, biblioteca, sala de reunións, sala relacional e un Centro de internet.  
Neste centro tivose en conta a eliminación das barreiras arquitectónicas, polo que as instalacións dispoñen de acceso a minusválidos , de que catro postos informáticos accesibles ás persoas en cadeira de rodas e de medios técnicos (ratos de cabeza, joystick, teclados de carcasa, etc) para permitir a utilización dos equipos a persoal con discapacidade.
O acceso e utilización do centro para conexión a internet será gratuíto e, en colaboración co servizo de Atención Cidadá realizaranse cursos de formación en internet e ofimática e conferencias de sensibilización en novas tecnoloxías.
    
                Descargar todas as imaxes