Corina Porro transmitiu ao Goberno central as "necesidades urxentes" de Vigo
A alcaldesa, Corina Porro, envioulle o pasado 22 de setembro ao presidente do Goberno central a relación das necesidades urxentes da cidade de Vigo dependentes dos diferentes ministerios para a súa inclusión nos Orzamentos Xerais do Estado de 2007.
A alcaldesa detalla as actuacións necesarias para Vigo relativas aos os ministerios de Fomento; Medio Ambiente; Industria, Turismo e Comercio, Cultura; Traballo e Asuntos Sociais; Educación e Ciencia, Interior; Economía e Presidencia.