O ciclo musical "Xeración 2000+6" rende homenaxe a García Lorca
O ciclo musical do Departamento de Cultura "Xeración 2000+6" continúa este sábado cun concerto dedicado á figura do poeta granadino Federico García Lorca, que terá lugar no auditorio "Martín Códax" do Conservatorio Superior de Música a partir das 20:00 horas.
Baixo o título de "A voz humana segundo Lorca. Paisaxes sonoras", este concerto enmárcase no obxectivo principal de "Xeración 2000+6", que é o de dar a coñecer o traballo que realizan os músicos noveis de Galicia desde os conservatorios, as escolas de música, as bandas populares, as orquestras, os coros e outras formacións musicais.
"A voz humana segundo Lorca" constará de dúas partes formadas por composicións baseadas en creacións do poeta. Na primeira interpretaranse obras como "Tríptico", de García Leoz, "Tres canciones", de Gisela Hernández, "Dos canciones", de Xabier Montsalvatge, e "Seis poemas galegos", a cargo de Carlso Gambeiro.
A segunda parte do concerto incluirá o ciclo de cancións "Ancient voices of children", de George Crumb sobre textos de García Lorca.
Descargar todas as imaxes