Vigo contará en maio de 2007 cun mapa dos niveis de ruído de cada zona
A Fundación Labein, o Grupo Sonitum da Universidade de Vigo e a empresa Acusticontrol, en colaboración con técnicos do Concello, están a realizar un mapa de ruídos no que recollerán información detallada sobre os niveis de ruído do termo municipal, para preservar as zonas tranquilas e reducir a contaminación acústica das áreas saturadas.
A elaboración deste mapa responde a unha normativa da Unión Europea para cidades de máis de 250.000 habitantes e finalizará a fins de maio de 2007. Onte xoves, na presentación deste estudo, o concelleiro de Urbanismo, José Manuel Figueroa, sinalou que o mapa de ruídos, unha vez acabado, se incorporará ao Plan Xeral de Ordenación Urbanística, co obxectivo de axudar a planificar o futuro desenvolvemento de Vigo.
O mapa será actualizado pemanentemente, o que permitirá avaliar ao longo do tempo os problemas orixinados pola contaminación acústica e adoptar solucións axeitadas.
Segundo os responsables do estudo en curso, as principais causas do ruído en Vigo son o ocio, a industria, as obras e o tráfico, este último condicionado por unha orografía que non favorece unha condución silenciosa. Así e todo, para estes mesmos responsables, Vigo non é unha cidade especialmente ruidosa, xa que presenta uns niveis similares aos da maioría das cidades europeas.
Os técnicos salientaron o gran volume de información co que traballan. Esta información completarase nunha primeira fase no caso do centro urbano e nunha segunda no das parroquias, e será plasmada nun mapa que recollerá os niveis de contaminación de cada zona do termo municipal de Vigo, durante as franxas de día (de 7:00 a 19:00 horas), tarde (de 19:00 a 23:00) e noite (das 23:00 en diante). Ademais, o mapa indicará aspectos como a poboación afectada polo ruído e as vivendas, hospitais e centros escolares sometidos a maior presión acústica.
Deste xeito, segundo explicou Manuel Vázquez, da Fundación Labein, a información tirada do traballo servirá para redistribuír usos "non só en áreas, senón mesmo dentro dos edificios, segundo sexa a exposición da fachada ao balbordo".
Manuel Sobreira, profesor de Teoría do Sinal e das Comunicacións na Universidade de Vigo, dixo que o mapa axudará a preservar as zonas tranquilas e definir os illamentos precisos para reducir o ruído noutras.
Neste sentido, José Manuel Figueroa anunciou que antes de finalizar o ano, o Goberno local aprobará a declaración de cinco zonas saturadas de ruídos. Estas zonas son o contorno da Praza de Compostela, Areal, Inés Pérez de Ceta, Rosalía de Castro e o Casco Vello. Como consecuencia desta declaración, o Concello deixará de conceder licenzas para a apertura de bares con música nesas áreas.
Descargar todas as imaxes