A Batalla de Flores encherá de luz e cor o centro de Vigo o sábado 10
O sábado día 10 o centro de Vigo converterase nun campo de batalla… de flores. Por segundo ano consecutivo despois de máis de tres décadas de ausencia, a Batalla de Flores encherá de luz e cor o centro de Vigo. O tema desta edición será a primavera.
O concelleiro de Festas e Animación Sociocultural, Ignacio López-Chaves, anunciou hoxe xoves que está prevista a participación de 12 carrozas, tres máis que o ano pasado. Cada unha destas carrozas pertence a importantes entidades e firmas comerciais con presenza en Vigo: Caixanova, Alcampo, Cespa, Coca-Cola, Gadisa, La Fiesta Escénica, El Corte Inglés, Asociación de Comerciantes de Vigo, Carrefour, Fundación Celta, Faro de Vigo e Centro Comercial Gran Vía.
O desfile partirá ás 19:00 da rúa García Barbón (á altura da rúa Serafín Avendaño), pasará por Policarpo Sanz e finalizará na Porta do Sol. Durante o traxecto lanzarase confeti desde cada unha das carrozas, que contarán con cadanseu canón achegado polo Concello, e desde 110 baterías instaladas ao longo do percorrido.
A celebración será amenizada, ademais, por tres charangas e varios grupos de animación contratados polo Concello, que actuarán caracterizados de acordo coa temática primaveral escollida para a Batalla de Flores deste ano.
No desfile participarán 250 voluntarios da Federación de peñas "El Olivo" e da Agrupación de Centros Deportivos e Culturais, que colaboran coa Concellaría de Festas e Animación Sociocultural na organización do evento. Dez minutos antes do inicio do desfile, os voluntarios repartirán 50.000 serpentinas entre as decenas de miles de persoas que o Concello espera asistan á celebración.
Ignacio López-Chaves afirmou que o obxectivo da Batalla de Flores é "dar luz e cor" á cidade de Vigo, e mostrou o seu desexo de que a edición de 2006 "sexa unha festa, como foi a do ano pasado".
O orzamento da Batalla de Flores é de 75.000 euros. Esta cantidade non inclúe as carrozas, que son sufragadas polas entidades e firmas comerciais patrocinadoras.
Descargar todas as imaxes