Acordos do Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo
O Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo acordou hoxe xoves por unanimidade autorizar un gasto de cerca de 91.000 euros para a contratación da asistencia técnica que se encargará da redacción do proxecto básico de restauración da legalidade urbanística no edificio situado na rúa do Pazo e Subida a Costa, en Castrelos.
Ademais, os membros do Consello decidiron, por unanimidade, proporlle á Xunta de Goberno Local estimar a solicitude formulada pola Xunta de Compensación da UE IND II-03 San Andrés de Comesaña, de rectificación dun erro material detectado no correspondente Proxecto de Compensación. O erro está na atribución da titularidade da parcela nº 11, así como do 1,44% en proindiviso da parcela resultante "B" e do 9,84% da parcela resultante "D".
A Xunta de Goberno tamén decidirá se desestima, como acordou hoxe xoves o Consello da Xerencia, o recurso de reposición de Cologa Vigo SL contra o proxecto de equidistribución da UA V-E PERI-IV-05 Aragón–Travesía de Vigo.
Ademais, é competencia da Xunta de Goberno a estimación parcial dunha alegación á expropiación por taxación conxunta da UA Praza do Rei-PERI Casco Vello. De darse o caso, tal e como propón o Consello da Xerencia, a Xunta de Goberno recoñecería o dereito dos interesados a percibir 330 euros (165 cada un) correspondentes aos xuros de demora devengados no período comprendido entre o 2 de xuño e o 27 de outubro de 2004.
Tamén propuxo o Consello da Xerencia a aprobación definitiva dun proxecto expropiatorio na rúa Cayetano Pereiro de Limia (Bouzas), entre as rúas Santa Ana e Ensenada.
Moción do PSdeG-PSOE
Fóra da orde do día, o representante do PSdeG-PSOE Mauricio Ruiz presentou unha moción na que instaba a alcaldesa a avocar as delegacións outorgadas ao concelleiro delegado de Urbanismo, José Manuel Figueroa, por entender que incumpre as súas funcións. A prosposta recibiu os votos favorables do propio grupo socialista, mentres que PP e PG votaron en contra e o BNG se abstivo.
Descargar todas as imaxes