Escoitar

VII campus polideportivo

200 rapaces e rapazas poderán participar no VII Campus Polideportivo que organiza a concellería de Deportes do 26 ao 30 de xuño nas instalacións deportivas do IMD.

xoves, 1 xuñ 2006
1149166630campuspolideportivo.jpg
O obxectivo do Campus Polideportivo é achegar aos nenos e nenas ao deporte da man das mellores entidades deportivas da cidade. Entre as actividades programadas os nenos e nenas poderán practicar balonmán, baloncesto, voleibol, fútbol sala, hóckey sobre patines e baloncesto en cadeira de rodas. Tamén se desenvolverán actividades complementarias como paseos en piragua ou xornadas na piscina.

O campus terá lugar do 26 ao 30 de xuño, para idades comprendidas entre os 8 aos 14 anos; desenvolverase en horarios de 10.00 a 18.00 horas. O preso é de 60 euros e inclúe o xantar. As inscricións poderanse realizar a partir do luns día 5 de xuño na Fundación VIDE. As 200 prazas dispoñibles cubriranse por orde de chegada.

A presentación do campus tivo lugar hoxe e estivo presidido pola vicepresidenta de VIDE e concelleira de Deportes Lucía Molares, o director comercial de HIPERXEL, Julián Díez; o director xeral de VITAL-VIGO, Ignacio Piñeiro e o xerente de VIDE, Raúl Portela.
Descargar todas as imaxes