Escoitar

Inauguración da exposición sobre o deseño no disco de jazz

A Casa das Artes acolle dende hoxe a exposición "Síncopa Negrita: o deseño no disco de jazz 1940-1990" como primeira actividade do festival "Imaxina Sons". A exposición clausurarase o domingo 2 de xullo, coincidindo co remate do festival. "Síncopa Negrita" é unha produción da Fundación Ebbe Traberg, que este ano cumpre o seu décimo aniversario.

xoves, 1 xuñ 2006
1149165193sincopa.jpg
A exposición recolle portadas de vinilos de diseñadores gráficos que souberon facer un uso intelixente e creativo da tipografía e as súas posibilidades na industria discográfica do jazz. O jazz, que como xénero musical creceu en pequenos selos independentes cuxos propietarios, por encima de valores comerciais, eran verdadeiros afeccionados a esta música, propiciou durante moitos anos a liberdade creativa na presentación visual das súas producións. Así, as súas portadas convertéronse en verdadeiras obras de arte que souberon beber das tendencias do deseño contemporáneo pero que, á súa vez, foron e son tamén fonte de inspiración para os diseñadores.

A mostra percorre a historia das portadas dos vinilos de jazz nun período que abarca desde 1940 ata 1990. Desde os pioneros como Alex Steinweiss -inventor en 1929 da cuberta discográfica cando traballaba para o selo Columbia- ata Barbara Wojirsch, inventora dunha estética propia para o jazz europeo, os mellores diseñadores de portadas de jazz desenvolveron unha identidade propia reconocible e imitada logo en numerosos campos e disciplinas artísticas.
Descargar todas as imaxes