155 persoas voluntarias colaboran no programa de axuda para conciliar a vida laboral e familiar
A Oficina Municipal de Voluntariado xestiona unha base de datos de voluntarios co obxectivo de axudar a persoas e colectivos a coordinar mellor as súas necesidades cotiáns.
Facer a compra, acompañamentos ao médico, a maiores en situación de soidade, a menores na realización das tarefas escolares, a discapacitados en paseos, ou mesmo facilitar un servicio de canguro en casos concretos para facilitar a participación dos usuarios/as das entidades non lucrativas nas actividades que eles mesmos programan, son tarefas que se están a realizar regularmente. Este tipo de voluntariado, dentro do marco do ámbito social, pretende conciliar a vida laboral e familiar e ten as súas bases nos sentimentos de humanidade e solidariedade cara a cidadanía.
O programa realizase mediante un traballo de coordinación entre a Oficina Municipal de Voluntariado e os Servicios Sociais do Concello que derivan aqueles casos que son susceptibles da colaboración da persoa voluntaria. A OMV serve de mediadora entre os voluntarios/as e os beneficiarios/as da axuda, realiza os contactos oportunos e negocia os horarios de colaboración tendo sempre en conta a dispoñibilidade da persoa voluntaria e as necesidades a cubrir.
Este tipo de colaboracións realízanse ao amparo da Lei Autonómica de Voluntariado que estipula ademais que a entidade deberá asumir as dietas de transporte das persoas voluntarias, a formación básica e específica necesarias para unha boa colaboración e realizará seguimento en cada un dos casos.
Este programa de axuda iniciouse no 2003. Desde entón 155 persoas estiveron colaborando nalgún momento e 188 familias demandaron a colaboración ou axuda dos voluntarios/as do Concello.
Descargar todas as imaxes