Escoitar

Corina Porro inaugura o parque da rúa Atalaia, de 6.000 metros cadrados

A alcaldesa, Corina Porro, inaugurou hoxe martes o parque da rúa Atalaia, situado frente ao instituto do Castro. O novo espazo de lecer ten tres zonas: verde, deportiva e infantil, que xuntas soman uns 6.000 m2.

martes, 30 mai 2006
1148994695parqueverde300506.jpg
A zona verde, de 3.300 m2, conta cun estanque con tres vasos e unha superficie total de auga de 180 m2; unha zona de estar de 600 m2; tres ringleiras de bancadas cunha lonxitude total de 86 m; 2.150 m2 de pradeira; 74 árbores (carballos, castiñeiros, bidueiros e outros), e 200 m2 de arbustos e vivaces (pradairos, erbedeiros, gardenias e outros).

A zona deportiva ten unha superficie de 1.995 m2 e nela sitúanse unha pista polideportiva (xa existente) e unha área para xogar á petanca.

O parque infantil, de 470 m2, está equipado con dous bambáns, un xogo múltiple, dous balancíns e dúas setas.

Ademais, en todo o parque dispuxéronse once bancos, dúas mesas, dous bebedoiros e 40 aspersores.

Tras descubrir a placa conmemorativa da inauguración do parque, Corina Porro afirmou que "temos que coidar todos os currunchos da cidade" e desexou que "todos os veciños da zona" gocen deste novo espazo de ocio.
1148994695parqueverde300506.jpg
1148994737parqueplaca.jpg
1148994768parquedep.jpg
1148994794parqueinf.jpg
Descargar todas as imaxes