Escoitar

Xornadas de portas abertas no obradoiro de lutheria antiga da Escola de Artes

O obradoiro de Lutheria antiga da Escola de Artes e Oficios organiza unhas xornadas de portas abertas , do 1 ó 17 de xuño en horario de 10:00 a 13:00 e de 16:00 a 19:00 h, para dar a coñecer á cidadanía as actividades realizadas no taller. O Obradoiro ten como finalidade ensinar as técnicas de construcción de instrumentos musicais que existiron do século XIV o século XVIII.

martes, 30 mai 2006
1148989181lutheria.jpg
Cun programa de catro anos , totalmente gratuíto , o alumnado aprenden a realización de ensambles, marquetería, taracea, afiados e talla en releve, para a construcción de diferentes instrumentos como a arpa céltica de 36 cordas, das que se atopa representacións no Pórtico da Gloria da Catedral de Santiago de Compostela e na Igrexa de san Martiño de Noia, entre outras.

No segundo curso ensínanse as técnicas do renacemento, coa construcción dun laude renacentista de 7 ordes. O terceiro curso centrase no período barroco e constrúese unha viola de gamba baixo de 6 cordas.

Ase mesmo, os alumnos do Obradoiro de Lutheria antiga poden participar en materias complementarias como Linguaxe Musical, Historia da Musica Galega e Arpa Celta, ensinanzas impartidas dentro da programación do Conservatorio de Musica tradicional da Escola Municipal de Artes e Oficios.
Descargar todas as imaxes