Escoitar

Convocatoria de subvencións a entidades deportivas para a organización de eventos deportivos en Vigo 2006

<br />

venres, 2 xuñ 2006
O Concello de Vigo convoca subvencións para entidades deportivas que organicen eventos deportivos en Vigo durante o ano 2006.

Os organizadores poderán facer a súa solicitude a partir do día seguinte ao da súa publicación no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra e ata o día 20 de outubro de 2006. As solicitudes realizaranse nun prazo de cando menos 15 días antes do desenvolvemento do evento, agás os que xa tiveron lugar antes desta convocatoria e dentro do ano 2006.

As bases da convocatoria están a disposición das persoas interesadas nas oficinas do Servicio de Deportes do Concello de Vigo.