Inicio de seminario de planificación empresarial
O luns día 5, iníciase o "Seminario de Planificación empresarial" dentro do Programa de apoio á creación de empresas do Plan Municipal de Emprego do Concello de Vigo.
Os obxectivos principais deste seminario patrocinado por BIC Galicia, son coñecer como elaborar un plan de empresa e poder analizar a viabilidade económica e financeira do proxecto empresarial de cada unha das persoas que asisten ao seminario, xa que cada participante presentou un proxecto con anterioridade.
As 22 persoas que asisten, previamente recibiron orientación empresarial no Servizo de Asesoramento a Emprendedores/as (SAE). Durante o seminario traballarán nos seus proxectos de actividades como a venda de coches, un hotel, a enerxía solar, o comercio minorista, empresa de limpeza, de gardería infantil, etc.
Durante as 7 xornadas formativas e as 4 titorías personalizadas sobre cada proxecto traballaranse temas de organización, mercado, comercialización, financiamento e análise económico.
Con este programa o Concello e a Mancomunidade de Vigo queren potenciar a iniciativa empresarial das persoas emprendedoras. E coincidindo co comezo deste seminario, clausúrase o martes día 6 o de "Xeración e maduración de ideas", no que participaron potenciais emprendedoras e emprendedores que, a partir dunha idea, elaboraron o seu proxecto de empresa.
Descargar todas as imaxes