A Casa das Artes amosa retratos de estudo do Arquivo Pacheco
325 retratos de estudo realizados entre 1910 e 1939 no Arquivo Pacheco compoñen a exposición "Marcas de Luz" que se pode visitar ata o 25 de xullo na Casa das Artes.
A exposición está estructurada en varias temáticas de retratos infantís, de mulleres e homes individuais, familias, grupos de músicos, de entroido que se realizaron a principios do século XX no estudo fotográfico de Pacheco e que pertencen ao Arquivo e a particulares que colaboraron co préstamo de 22 fotografías. A exposición ten unha parte en formato dixital na que pódense ver, nos ordenadores instalados na sala, 450 fotografías identificadas polos cidadáns.
Para o comisario da mostra, Rui Prata, director do Museo da Imaxe de Braga, a exposición " constitúe unha mostra onde somos invitados a viaxar no tempo".
O Arquivo Pacheco representa a máis completa colección de recursos fotográficos sobre a cidade de Vigo e de titularidade pública. Consta de placas de cristal, negativos, positivos e outros materiais en diversos formato ata un total estimado de 140.000 imaxes que abarcan desde 1910 ate 1970.
A autoría da obra corresponden a varias xeracións de fotógrafos da mesma familia, concretamente ao fotógrafo Jaime de Sousa Pacheco que comezou a principios do século XX a realizar fotografías da sociedade viguesa; labor que continuarían os seus fillos Jaime e Alberto.
Descargar todas as imaxes