Escoitar

Concerto do ciclo de música "Xeración 2000+6"

O dúo de piano "Scaramouche" formado por Jorge Briones e Javier Ares son os novos intérpretes que actuarán o venres dentro do ciclo de música da concellería de Cultura "Xeración 2000+6". O concerto, de entrada libre, terá lugar ás 20 horas no auditorio "Martín Codax" do Conservatorio Superior de Música de Vigo.

xoves, 25 mai 2006
1148562119duodepianos.jpg
O dúo "Scaramouche" nace da inquietudes deste dous pianistas por afrontar a música de cámara nunha das súas formacións máis interesantes: o dúo de pianos.

O programa que presentan comeza coa sonata de Mozart, segue coa obra de Milhaud que lle dá nome ao dúo, e na segunda parte continúa con Lutoslawski para rematar coa segunda suit de Rachmaninov.

Jorge Briones e Javier Ares forman parte da nova xeración de pianistas galegos. Cunha formación paralela, comezaron os seus estudos de piano coa profesora Natalia Lamas e despois continuaron cos profesores Alexander Kandelaki e Nino Kereselidze.
Descargar todas as imaxes