O Concello destina 45.000 euros a un estudo sobre mobilidade e seguridade no Casco Vello
O Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo acordou hoxe xoves autorizar o gasto de 45.000 euros para a contratación da asistencia técnica que se encargará de realizar un estudo sobre a mobilidade e seguridade no Casco Vello, en execución do programa europeo PAGUS, no que participa o Concello de Vigo xunto con outras localidades do continente.

Con este estudo, o Concello pretende analizar a natureza e características da demanda actual de tránsito, estacionamento e transporte do Casco Vello de Vigo. Outro obxectivo é revisar o modelo de mobilidade e accesibilidade actual do Conxunto Histórico, así como determinar as actuacións estratéxicas que con este fin deban adoptarse.
O estudo conta co financiamento do programa europeo PAGUS-INTERREG IIIC (Programa de Asistencia e Xestión Urbana Sostible), dentro do seu Proxecto 3B ("Solucións integrais para a mobilidade e accesibilidade cara a e desde os centros históricos"). Participan neste proxecto xunto con Vigo as localidades de Lugo Ribadavia, Carmona (Andalucía), Todi (Umbría-Italia) e Malta.
Ao non existir, polo de agora, compromiso firme e expreso de financiamento por parte da Unión Europea, o Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo decidiu aprobar o gasto de 45.000 euros con cargo ao orzamento do Concello.
Descargar todas as imaxes