O Concello de Vigo confirma o seu compromiso coa Campaña Mundial pola Educación
A concelleira Marta Iglesias confirmou hoxe mércores o compromiso do Concello de Vigo coa <a href = 'http://www.cme-espana.org/'>Campaña Mundial pola Educación (CME)</a>, na que participan ONG’s, sindicatos do ámbito educativo, centros escolares e movimentos sociais de máis de 150 países. O obxectivo da CME é garantir o dereito a unha educación básica e de calidade de todos os nenos e nenas do planeta.
Este obxectivo está incluído en practicamente todas as declaracións, foros e cumios internacionais celebrados ata o de agora, pero, como lembrou Marta Iglesias, "a situación do sistema educativo dalgúns países non é nada alentadora". Confirmaron esta afirmación o profesor de orixe colombiana Roberto Latra e o xogador do Celta Everton Giovanella. Ambos animaron os alumnos do colexio Apóstol Santiago, que ocupaban os asentos do Auditorio Municipal, a aproveitar as vantaxes do sistema educativo español.
A CME foi fundada en 1999 e este ano ten por lema "Todos os nenos e nenas precisan un profe". Deste xeito, a CME apela á solidariedade dos países do Norte e a responsabilidade dos do Sur para que todos os nenos e nenas do mundo poidan acceder á educación en aulas que non superen os 40 estudantes, e a través de docentes suficientemente motivados, capacitados e remunerados.
Neste sentido, Marta Iglesias avogou por "favorecer o recoñecemento social dos profesores", de acordo co importante papel que xogan no desenvolvemento das sociedades.
Obxectivos para 2015
A CME sinala o traballo dos profesores como a base sobre a cal se poderán cumprir os obxectivos marcados polo Foro Mundial sobre a Educación celebrado en Dakar (Senegal), no ano 2000, e no que participaron os gobernos dos países do mundo e diversas organizacións internacionais. Os "Obxectivos de Dakar" para 2015 son os seguintes:
1. Estender e mellorar a educación infantil.
2. Asegurar unha educación primaria gratuíta, obrigatoria e de calidade para todos e todas.
3. Acceso a programas apropiados de preparación para a vida activa para todos os mozos e mozas e as persoas adultas.
4. Aumentar os niveis de alfabetización de persoas adultas nun 50%.
5. Eliminar a discapacidade de xénero na educación primaria e secundaria antes de 2005, e acadar a igualdade de xénero en 2015.
6. Mellorar a calidade da educación.
Segundo asegurou Marta Iglesias, a chegada a bo porto desta iniciativa dependerá en boa medida da axuda das administracións con competencias educativas. Polo que respecta a este municipio, a concelleira reafirmou o "compromiso local coa educación" do Concello de Vigo.
Descargar todas as imaxes