A Casa das Artes verá arranxadas e substituídas as súas carpinterías exteriores
Nos próximos días comezarán as obras de arranxo e substitución das carpinterías exteriores da Casa das Artes, cuxo prazo de execución é de cinco semanas. Os traballos fóronlle adxudicados á empresa Oreco, por un importe de 72.000 euros.
As obras consisten no arranxo e substitución das carpinterías exteriores e ventás da Casa das Artes, dado o estado obsoleto que presentan na actualidade. A Xunta de Goberno Local elixiu a oferta de Oreco na súa sesión ordinaria do 26 de decembro de 2005.
A empresa realizará os traballos por un importe exacto de 72.134,26 euros. A Xunta de Goberno Local autorizara, o 19 de setembro de 2005, un gasto de 99.331,12 euros para a execución do proxecto.
Descargar todas as imaxes
A empresa realizará os traballos por un importe exacto de 72.134,26 euros. A Xunta de Goberno Local autorizara, o 19 de setembro de 2005, un gasto de 99.331,12 euros para a execución do proxecto.