A alcaldesa participa en Madrid nun encontro sobre Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible
A alcaldesa Corina Porro defendeu que o planeamento territorial e urbanístico é un instrumento fundamental na xestión ambiental, no transcurso das xornadas de debate sobre Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible organizado en Madrid por Nueva Economía Fórum, coa colaboración de The Wall Street Journal Europe e o patrocinio de Toyota.
A alcaldesa participou na primeira dos relatorios sobre "As cidades e as rexións de futuro no contexto das políticas de medio ambiente e desenvolvemento sostible" na que tamén participou Antonio Serrano Rodríguez, secretario xeral para o Territorio e a Biodiversidade do Ministerio de Medio Ambiente. As xornadas as clausura a ministra de medio ambiente, Cristina Narbona.
Corina Porro centrou o seu relatorio no urbanismo en tanto ordenación do territorio no ámbito das competencias municipais, como instrumento para deseñar cidades sostibles e falou do novo Plan Xeral de Ordenación Municipal. A alcaldesa informou de que o "novo plan incorpora os obxectivos e criterios de desenvolvemento sostible. Desde esta perspectiva, na redacción do novo Plan estableceuse como premisa previa que un plan urbanístico sostible non é só o que resolve eficazmente incidentes urbanos ou territoriais comúns; senón que ten que ser capaz de ir máis alá e previr futuros escenarios"
Descargar todas as imaxes