A compañía santiaguesa Santart abre o programa do Festival Alternativo de Teatro
O programa do Festival Alternativo de Teatro e Danza ALT’06 tráenos unha versión actual da traxedia grega, desta vez centrada no tema da guerra de Troia. A representación, a cargo da compañía santiaguesa Santart, terá lugar na Casa das Artes mañá mércores a partir das 21:00.
Santart é unha compañía de teatro de Santiago de Compostela, fundada no ano 2003 polo seu director, Theodor Smeu Stermin. No primeiro ano despois da súa fundación, Santart tivo o privilexio de ser coprodutora do espectáculo "O2 – huellas sin identificar de una tragedia griega", xunto con O Teatro do Norte de Satu Mare (Romanía).
Neste espectáculo, dous vixilantes de Argos , ante a impotencia de asumir o tráxico desenlace despois da caída de Troia, constrúen unha historia "paralela" con todos os ingredientes dramáticos. Existe unha frustración permanente que vai minando a cordura dos gardas: a necesidade de agachar a verdade mestúrase coa necesidade de revelala.
O espectáculo estreouse no Teatro do Norte de Satu Mare e foi invitado a dous festivais importantes do Leste de Europa: o Festival de Teatro de Sibiu e o Festival de Teatro Taller de Sf. Gheorghe, onde o actor Adrian Matioc foi galardoado co premio ao mellor actor, pola súa interpretación dos personaxes Agamenón, Orestes e Vixilante.
O Festival Alternativo de Teatro e Danza de Vigo, denominado nesta súa quinta edición ALT’06, desenvolverase en diversos espazos da cidade de Vigo do 8 ao 18 de marzo. Con esta aposta polas creacións artísticas máis actuais e vangardistas, a Concellaría de Cultura completa unha programación estable de artes escénicas ao longo de todo o ano.
En ALT’06, ao protagonismo habitual do Auditorio Municipal e do salón de actos do MARCO unirase a utilización doutro foco cultural da cidade, a Casa das Artes, na que, ademais de representarse cinco obras, terán lugar proxeccións de vídeo-danza e unha exposición fotográfica de teatro.
A habitual presenza de montaxes internacionais na programación de ALT confírmarase este ano coas actuacións dunha compañía danesa, outra arxentina e tres portuguesas. Todo isto sen esquecer a presenza de compañías españolas e as montaxes galegas máis recentes.
Ademais, a Concellaría de Cultura non quixo descoidar o aspecto formativo do festival, e por iso chegou a un acordo coa recentemente estreada Escola Superior de Arte Dramática e coa Escola Municipal de Teatro para que o seu alumnado poida acudir gratuitamente aos espectáculos programados
O prezo das entradas para as obras que se representarán dentro do ALT’06 é de cinco euros.
Pódese obter máis información sobre o festival a través dos números de teléfono 986 42 25 41, 666 99 04 03 e chamando ao Servizo de Atención Cidadá (010), ou entrando na páxina web www.vigo.org.
Descargar todas as imaxes