mércores, 8 mar 2006
A concellería da Muller abre o prazo de inscrición para os cursos da campaña "Vivir en parella é cousa de 2" no marco do "III Plan municipal de Igualdade de Oportunidades das mulleres e homes do Concello de Vigo 2005-2007" . Os curso, de carácter gratuíto, son sobre cómo podo entenderte?,reparacións domésticas básicas, mecánica e electricidade do automóbil,cociñar para compartir e o coidado das persoas dependentes.
mércores, 8 mar 2006
A concelleira de Deportes, Lucía Molares, presentou hoxe mércores a IV Liga Escolar de Atletismo en Pista Trofeo Faro de Vigo-Caixanova, na que participarán alumnos de máis de 50 colexios da área metropolitana de Vigo.
mércores, 8 mar 2006
A concelleira de Benestar Social, Marta Iglesias, presentou os cursos de adestramento da memoria dirixidos as persoas maiores que comezan a ter esquecementos frecuentes e para as que queiran manter a súas facultades en plena forma.
mércores, 8 mar 2006
O auditorio municipal proxectará dúas películas incluídas como actividades lúdicas no Congreso Internacional "Canadá e a Unión Europeo, unidos polo mar: a xestión dos océanos no século XXI". As cintas son "Wilby Wonderful" e "La Gran seducción" e se pasarán o xoves e o venres , respectivamente, ás 20.30 horas, con entrada de balde.