luns, 6 marzo 2006

Os bombeiros fórmanse na intervención dun sinistro químico

luns, 6 mar 2006

90 efectivos do corpo de bombeiros de Vigo realizaron un curso de formación sobre o transporte de mercadorías perigosas . O programa desenvolveuse ata o día 3 de marzo durante 28 horas lectivas e impartíronse coñecementos e pautas a seguir nunha intervención nun sinistro relacionado con productos químicos.