Escoitar

Música e danza tradicionais no Auditorio Municipal co gallo do Festival dos Reencontros

A Escola Municipal de Danza actuará no Auditorio Municipal o xoves 23, ás 20:30, co gallo do Festival dos Reencontros, unha ocasión para que os antigos alumnos da Escola se volvan reunir.

martes, 21 mar 2006
1142949557danza.jpg
Desde hai dez anos, o director da Escola Municipal de Danza, a quen todos coñecen por Polo, convoca agrupacións de música e danza dirixidas por antigos alumnos da Escola, co obxectivo de que compartan escenario e se reencontren da mellor maneira posible: entre músicos e bailaríns e vestidos coas mellores galas, arredor da música e da danza tradicionais galegas.

O programa deste Festival dos Reencontros estará formado polas actuacións dos seguintes conxuntos: o grupo de danza "Inquedanzas de Tui", o grupo de percusión "O’ Cascarexo" da Escola Municipal de Danza, e o grupo de danza "As labaradas", tamén da Escola Municipal de Danza.
Descargar todas as imaxes