luns, 20 mar 2006
A Asociación de Persoas Xordas de Vigo, a Asociación Rosa dos Ventos, Conservatorio Superior de Música de Vigo, Escola Técnica Superior de Enxeñeiros Industriais, Instituto de Investigacións Mariñas, talleres de Xoieiros e Esmaltistas Irmáns Hernández, Segundo Troncoso, Antón Pulido,Juan Manuel González Alonso e Macamen Blanco Gracia son ás persoas e entidades que este ano recibirán o galardón de Vigueses Distinguidos e que aprobou a Xunta de Goberno Local durante a sesión ordinaria celebrada o luns.
luns, 20 mar 2006
A concelleira da Muller, Lucía Molares, presentou está mañá o proxecto "Relacións respectuosas sen xénero de dúbidas" destinado aos mozos e mozas da cidade de entre 12 a 29 anos e ten como un dos seus obxectivos xerais sensibilizar e informar sobre a violencia de xénero e sobre a necesidade de establecer relacións máis libres e igualitarias.
luns, 20 mar 2006
O gravador Xabier de Sousa é o gañador da VII Bienal de Pintura do Eixo Atlántico, na que se presentaron 102 obras creadas por artistas naturais ou residentes en Galicia e Norte de Portugal.