mércores, 22 mar 2006
O proxecto "Conta con Elas" está a impartir un curso ao profesorado sobre a igualdade de oportunidades entre homes e mulleres co título "A transversalidade de Xénero no ámbito educativo". O curso está dentro do plan anual de formación do profesorado 2005/2006 do Centro de formación e Recursos (CEFORE) de Vigo dependente da Xunta de Galicia.
mércores, 22 mar 2006
A alcaldesa, Corina Porro, mantivo hoxe mércores un encontro cos representantes da Oficina Económica e Cultural de Taipei, que actúa como unha representación do Goberno de Taiwán en España.
mércores, 22 mar 2006
O almirante xefe de Acción Marítima de Ferrol, Gonzalo Sirvent, realizou hoxe mércores unha visita institucional ao Concello de Vigo co obxecto de agradecerlle á alcaldesa, Corina Porro, o feito de ter convidado a Armada a participar no salón Vigo Náutica Internacional 2006.
mércores, 22 mar 2006
O 30 de marzo remata o prazo de inscricións dos cursos " O coidado das persoas dependentes" e "Iniciación á fotografía en branco e negro" que organiza a concellería da Muller.
mércores, 22 mar 2006
As visitas ao Pazo-Museo "Quiñones de León" poderán realizarse, novamente, a partir do mércores día 22 de marzo, tralo remate da comprobación da súa capacidade portante e de pequenas traballos de mantemento.