Os Vigueses Distinguidos 2006 serán galardoados con cadros de Mariola Heredero
Os Vigueses Distinguidos de 2006 serán galardoados con cadros de Mariola Heredero, pintora nada en Vigo que se reuniu hoxe mércores coa alcaldesa, Corina Porro. Os cadros pertencen ao xénero das mariñas e teñen a ría por tema.
Mariola Heredero explicou que non adoita pintar mariñas, pero que decidiu facelo con ocasión da entrega dos premios Vigueses Distinguidos de 2006, xa que tivo en conta que a ría é un símbolo de Vigo. Ademais, segundo Mariola Heredero, a mariña é "unha temática unida ao meu pai", o tamén pintor Antonio Heredero. No estudio do seu pai, Mariola Heredero iniciouse no uso da acuarela.
A alcaldesa, pola súa parte, agradeceu a dedicación da pintora e asegurou que a súa obra "fai que esteamos moi orgullosos todos os vigueses".
Exposicións de Mariola Heredero
Mariola Heredero estudou debuxo co profesor Paul Devienne e fixo exposicións individuais nos seguintes lugares:
- Real Club Náutico
- Galicia Serrano, 19 (Madrid)
- Galería do Banco de Bilbao (Ponferrada)
- Galería de Arte da Caixa de Aforros de Vigo
- Galería de Arte Gabernia (Valencia)
- Galería Vernesga (León)
- Galería de Arte da Caixa de Aforros de Pontevedra
- Pazo de Congresos e Exposicións da Toxa
- Galería de Arte do Círculo Católico de Burgos
- Gran Casino da Toxa
- Sala de Arte de Caja Madrid (Alcalá de Henares)
- Aula de Cultura de Caixa Ourense
- Sala de Arte do Casino Atlántico da Coruña
- Galería Arte, Museum Ferrol
- Sala de Arte de Caixavigo
- Sala de Arte do BBV (Vigo)
- Central Hispano (Sevilla)
- Galería Goya (Zaragoza)
- Consulado de España en Nova Iorque
- Sala de Arte do Casino de Ponferrada
Ademais, unha das súas obras foi seleccionada para tres edicións da Exposición Nacional de Acuarela Caja Madrid. Por outra parte, Mariola Heredero organizou o Salón de Arte da Toxa en oito ocasións.
Descargar todas as imaxes