Cursos de iniciación á fotografía en branco e negro e coidado das persoas dependentes
O 30 de marzo remata o prazo de inscricións dos cursos " O coidado das persoas dependentes" e "Iniciación á fotografía en branco e negro" que organiza a concellería da Muller.
O curso sobre "O coidado das persoas dependentes" está destinado a homes maiores de 18 anos e empadroados no Concello de Vigo. O curso impartirá módulos sobre hixiene, alimentación, mobilización, descanso e sono, seguridade, termoregulación, autoestima, coidar a quen coida.
A metodoloxía basearase en clases teóricas e prácticas con simulación en manequíns preparados e co alumnado e será impartido por profesorado da Escola Universitaria de Enfermería de Povisa.
O número de horas é de 38 en horario de luns e martes de 20,00 a 22,00 horas, dende o luns 3 de abril ata o martes 13 de xuño. (19 sesións) Lugar: centro de Estudos de Povisa. Rúa Romil, 75-77.
Fotografía en branco e negro
O curso de "Iniciación á fotografía en branco e negro" pretende unha introducción ao mundo da fotografía dende o coñecemento do cámara fotografía é o análise das fotografías.
O curso está destinado a mulleres maiores de 18 anos; ten unha duración de 28 horas e comezará o 4 de abril en horario de 20 a 22 os martes. Realizarase na Vocalía da Muller da Asociación Veciñal Conde de Torrecedeira
A inscrición dos cursos poderá formalizarse na oficina da muller, 1ª planta da Casa do Concello de Vigo, Tfno. 986810284, en horario de 8:00 a 15:00 h., ou a través do correo electrónico ofi.muller@vigo.org ou Fax 986 430 082 (en calquera horario).