venres, 24 marzo 2006
Tamara Echegoyen e Óscar Pereiro foron os elexidos como mellores deportistas de 2005 en Vigo e a súa comarca

A Gala do Deporte se consolida na súa séptima edición

venres, 24 mar 2006

O Centro Cultural Caixanova celebrou un ano máis a Gran Gala do Deporte de Vigo e a súa comarca. Nesta séptima edición houbo 53 deportistas nomeados polas federacións galegas para optar o galardón de mellor deportista de Vigo e a súa comarca.

O Servizo de Educación distribuirá entre as escolas material didáctico sobre África

venres, 24 mar 2006

O Servizo de Educación do Concello de Vigo distribuirá entre 33 centros de ensino a maleta pedagóxica "Tan preto, tan lonxe… África", deseñada e elaborada pola ONG "Jóvenes del Tercer Mundo". Segundo explicou o concelleiro Ignacio López-Chaves, esta iniciativa pretende contribuír a "fomentar unha conciencia de multiculturalidade" nos alumnos e nos profesores, "para que os nenos se adapten á nova sociedade".