A Gala do Deporte se consolida na súa séptima edición
O Centro Cultural Caixanova celebrou un ano máis a Gran Gala do Deporte de Vigo e a súa comarca. Nesta séptima edición houbo 53 deportistas nomeados polas federacións galegas para optar o galardón de mellor deportista de Vigo e a súa comarca.
O ciclista Óscar Pereiro e a regatista Tamara Echegoyen foron os escollidos polo xurado para recibir a distinción dos mellores deportistas de 2005 na comarca. A deportistas do Real Club Náutico é a campiona do mundo en Vaurien e conta cunha carreira chea de triunfos en diferencias competicións da vela.
Pola súa parte, o ciclista de Mos posicionouse no décimo posto da clasificación xeral do Tour de Francia e gañou unha etapa da proba gala, convertíndose no primeiro galego en toda a historia en conseguilo.
Este ano as mencións especiais recaíron en Javier Porto e Alberto Martín, por gañar por segundo ano consecutivo o título de campións do mundo de vaurien; no empresario e ex futbolista Valey Karpin polo seu mecenazgo do deporte vigués ; en Raimundo Sendino Ortega, pola súa promoción do deporte dende o Colexio Hogar; en Pablo Beiro Diz, pola promoción do deporte de persoas con discapacidade física; no presidente del Vigo Valey Karpin, Guillermo Touza, polo seu apoio do voleibol en Vigo; na atleta do Comesaña Sporting Club Soledad Castro Soliño, campiona de veteranos de medio marathón ;e na atleta Susana Rodríguez, que logrou a medalla de prata en 200 metros lisos no Mundial de xóvenes cegos, en Colorado.
A novidade deste ano foi o recoñecemento a tódolos deportistas veteranos e que suporá que nas próximas edicións se galardoará a un deportistas maior de 65 anos e que participe en competicións oficiais. Este ano o xurado decidiu galardonar a Eugenia Ferreira, de 73, polos seus éxitos na natación de veteranos.
O xurado da Gran Gala do Deporte de Vigo e a súa Comarca anunciou que nas próximas edicións haberá novidades importantes dirixidas a revalorizar, ainda máis, os prestixiosos galardóns que premian o mellor deportista masculino e feminino da comarca cada ano. A festa do deporte conta do patrocinio, ademáis do Concello de Vigo, de Caixanova e Faro de Vigo.
Descargar todas as imaxes