O convenio con Miraflores volve centrar o Consello da Xerencia de Urbanismo
O Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo acordou hoxe xoves, cos votos favorables de PP e PG e a abstención de PSdeG-PSOE e BNG, elevar ao Pleno unha proposta ao Consello Consultivo de Galicia para recabar un dictame sobre a nulidade do convenio entre o Concello e Miraflores.
En virtude deste convenio, Miraflores cedeu ao Concello de Vigo unha parcela de máis de 16.000 m2 situada en Sárdoma e afectada pola expropiación do vial de circunvalación entre a avenida de Madrid e a de Castrelos.
Por outra parte, o Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo aprobou , coa única abstención do PSdeG-PSOE, unha moción do BNG para que por parte da Oficina de Proxectos da Xerencia se realice un proxecto de ampliación das instalacións da Asociación de Veciños de Navia, de acordo coas demandas desta entidade.
Descargar todas as imaxes