Os Bolechas protagonistas da Reconquista nunha exposición
Do 25 de marzo ao 2 de abril poderase ver no Verbum unha exposición co título "Os Bolechas. A Reconquista de Vigo" e que presentou o venres o concelleiro de Normalización Lingüística, Ignacio López Chaves.
A exposición consta de 17 paneis ilustrados coa historia da Reconquista de Vigo que narra a aventura dos Bolechas na festa do 28 de marzo. A mostra recolle os feitos históricos, os protagonistas da época e os lugares onde aconteceron e está pensada para que pais, nais e profesorado leven aos máis cativos e lles expliquen a historia da deste episodio histórico da cidade.
O horario de visita é de martes a domingo de 10 a 19 horas.
Paralelamente á exposición editouse un libro de Pepe Carreiro e editado por A Nosa Terra que se distribuíu a 88 centros de ensino públicos e privados concertados. 15.000 nenos e nenas de Vigo de entre 3 e 8 anos recibirán o libro "Os Bolechas. A Reconquista de Vigo"