Escoitar

aqualia convoca o seu concurso de debuxo con motivo do Día Internacional da Auga

Máis un ano, <b>aqualia</b> convoca, dentro dos actos conmemorativos do Día Mundial da Auga, que se celebra o 22 de marzo, o seu Concurso de Debuxo Infantil, dirixido aos nenos e nenas que estean cursando 3º e 4º de Primaria nos colexios de Vigo. O lema deste ano é "A auga, a túa fonte de inspiración".

martes, 21 mar 2006
Os debuxos deberán presentarse no papel subministrado nas oficinas de aqualia. Todos os traballos terán que incluír, dalgunha forma, as "asiñas" que forman parte do logotipo da empresa. Ademais, será imprescindible facer constar nos traballos os datos do concursante e do seu centro escolar.

O prazo de presentación dos traballos irá do 22 de marzo, data do Día Mundial da Auga, e o 5 de maio. Concederanse cinco premios individuales, un por cada zona xeográfica en que aqualia está presente. Estes premios consisten nunha viaxe de fin de semana para tres persoas ao Parque Temático "Warner Bros", en Madrid. Así mesmo, nesta edición haberá 100 reproductores de MP3 para os finalistas e entregaranse, como premios colectivos, 25 ordenadores de última xeración con impresora que se sortearán entre os centros escolares de cada zona. Serán premiados os centros que acrediten unha maior participación no concurso.

O nome dos gañadores publicarase en todas as oficinas de aqualia a partir do 5 de xuño, Día Mundial do Medio Ambiente. Máis un ano, coa posta en marcha desta iniciativa, aqualia manifesta a súa vontade e compromiso por difundir, a través dos máis novos, o sentido de responsabilidade con respecto ao uso da auga, así como a implicación dos usuarios cos contornos sociais de poboacións onde esta empresa xestiona o ciclo integral da auga.