Escoitar

Inaugúrase no MARCO a exposición "O momento suspendido"

O MARCO acolle a partir de hoxe venres e ata o próximo 7 de maio a exposición "O momento suspendido. Obras da colección H & F, Holanda", baseada na colección de arte contemporánea do escritor holandés Han Nefkens.

venres, 20 xan 2006
1137753745SUSPENDED.jpeg
No ano 2000, Han Nefkens decidiu comezar a crear esta colección, que no decurso destes últimos anos ten conseguido un gran recoñecemento internacional grazas ao prestixio dos artistas contemporáneos de todo o mundo que participan nela.

Esta será a única ocasión en que as fotografías, pinturas, vídeos e esculturas da mostra se expoñan en España. Está previsto que a exposición continúe o seu itinerario durante os próximos anos en países como Tailanda, Bélxica e Holanda.

"O momento suspendido" reflicte de maneira visual o suspense cinematográfico que tanto tratou Kubrick, a excitación dalgúns segundos de espera, a fugacidade e mesmo a transitoriedade dos instantes, compoñentes que seducen os visitantes para mergullalos nunha parada temporal momentánea.

A mostra inaugúrase hoxe venres ás 20:00. O seu horario será o seguinte: de martes a sábados (festivos incluídos), de 11:00 a 21:00, e os domingos, de 11:00 a 15:00.

ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS
Visitas guiadas
- Todos os días ás 18:00.
- Visitas "á carta" para grupos, previa cita no tel. 986 113900/11 (ext. 307 ou 314).
- Visitas para asociacións, xoves e venres ás 17.00, previa cita no tel. 986 113900/11 (ext. 307 ou 314).
- Visita guiada pola comisaria e o coleccionista, exclusiva para os Amigos do MARCO, sábado 21 de xaneiro, ás 12:00.
Descargar todas as imaxes