O Consello da Xerencia de Urbanismo propón un novo expediente de nulidade do convenio con Miraflores
O Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo propúxolle hoxe xoves ao Pleno ter por iniciado un novo expediente de revisión de oficio para a declaración de nulidade do convenio entre o Concello e Miraflores SA.
En virtude deste novo expediente fixaríanse as indemnizacións que proceda recoñecer a Miraflores SA como consecuencia desa declaración de nulidade. Polo convenio en cuestión, ratificado polo Pleno o 27 de novembro de 1992, a dita entidade cedeulle ao Concello unha parcela de 16.482 metros cadrados da súa propiedade, sita na parroquia de Sárdoma e afectada pola expropiación do vial de circunvalación entre a avenida de Madrid e a de Castrelos.
Pola súa parte, o Concello obrigouse a a tramitar un Plan Especial de Reforma Interior, ou a correspondente figura do planeamento urbanístico, no que se ordenaría, sobre a primeira das parcelas descritas no convenio, o aproveitamento que neste mesmo acordo se lle recoñece ao terreo cedido (2 m2/m2).
Ademais, hoxe xoves o Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo aprobou un acordo polo que se suspende o procedemento de aprobación do Estudio de Detalle da UA-13 Valiñares, de San Miguel de Oia.
Descargar todas as imaxes