Marta Iglesias visitou o Centro de Redución do Dano para Usuarios de Drogas
A concelleira de Benestar Social, visitou hoxe mércores o Centro de Redución do Dano para Usuarios de Drogas (CEREDA), situado nas inmediacións da praza de España e que vén de presentar a memoria das súas actividades de 2005.
CEREDA Vigo, centro substentado por Médicos do Mundo, está concibido como un recurso de atención e coidados mínimos de carácter interdisciplinar, dirixido a reducir os riscos e danos derivados do consumo de drogas. Este centro abre as súas portas os luns, mércores e venres de 08:00 a 14:00, e os martes e xoves leva a cabo o seu traballo na rúa, sempre co obxectivo de mellorar a calidade de vida dos seus usuarios e facilitar a accesibilidade destes aos recursos sociosanitarios.
A poboación diana de CEREDA son as persoas consumidoras de drogas que están en siación de exclusión social e de vulnerabilidade na cidade de Vigo e localidades limítrofes.
A estratexia de redución de danos que CEREDA tenta aplicar baséase nas seguintes premisas:
1. Diminuír a dose e/ou o número de contactos coas súbstancias.
2. Utilizar material estéril de inxección, para evitar a transmisión de enfermidades.
3. Cambiar a vía de consumo a outra menos agresiva.
4. Facilitar os contactos do usuario coa rede asistencial.
5. Fomentar pautas de sexo máis seguro nesta poboación e o uso correcto do preservativo.
6. Desenvolver intervencións que contrarresten a vulnerabilidade deste colectivo, dándolle as ferramentas necesarias para potenciar os seus recursos persoais e estratexias de autocoidado que revirtan nos aspectos integrais da súa saúde.
Áreas de intervención
Un das principais actividades do CEREDA é o Programa de Intercambio de Xeringas (PIX), que rexistrou un total de 383 usuarios en 2005, recollendo nese periodo unhas 3.300 xeringas e entregando unhas 3.000. Ademais, a través deste programa repartíronse máis de 4.400 preservativos.
Outro dos servizos prestados por CEREDA é o de realizar unha vakoración e diagnóstico social dos usuarios interesados, atendéndoos co obxectivo de explotar as posibilidades de intervención que ofreza cada usuario ao longo do tempo, entre as cales están as oportunidades para facilitar o seu acceso a unha serie de recursos e prestacións sociosanitarias que repercuten na mellora da súa saúde e calidade de vida.
Pola súa parte, a Área de Saúde de CEREDA ocúpase das persoas que presentan frecuentes problemas de saúde, tanto os que afectan á poboación en xeral como os derivados das súas prácticas de consumo e do seu estilo de vida. Unha das actividades dentro desta área é a realización de probas diagnósticas sobre as infeccións recorrentes nesta poboación.
Ademais, no caso das persoas xa infectadas por VIH/SIDA, CEREDA intervén para canalizar o seu acceso a tratamentos axeitados. Tamén dentro da Área de Saúde, levouse a cabo a iniciativa "Educación para a saúde", que rexistrou algo máis de 1.000 usuarios, e desenvolveuse a área de apoio psocolóxico "Ítaca", coa cal se tenta intervir en situacións de crise achegando a axuda necesaria a aquelas persoas que están nun estado temporal de desequilibrio emocional.
Outros servizos desenvolvidos por CEREDA ao longo de 2005 son os de atención socio-sanitaria a inmigrantes, colectivo que representa o 13% dos usuarios, e a sala de calor e café, que ofreceu descanso, alimentos e posibilidades de interacción a 260 persoas.