Os grupos políticos están de acordo en que os novos aparcadoiros teñan tarifación por minutos
Os protavoces dos grupos políticos reuníronse hoxe martes para debatiren sobre o prego de condicións e a viabilidade dos novos aparcadoiros, e chegaron ao acordo unánime de que a tarifación destes será por minutos e desde o momento de entrada no párking.

Segundo explicou o concelleiro de Seguridade, Tráfico e Transporte, Antonio Coello, os responsables políticos procurarán que estas tarifas se axusten a uns mínimos favorables para os usuarios. Co obxectivo de determinar a contía exacta de cada minuto, os portavoces manterán dentro de dúas semanas unha nova reunión, na cal a Asistencia Técnica presentará un estudo económico de cada un dos párkings. De momento, ninguén desbota que poidan establecerse unha contía para a primeira hora e outras para as horas seguintes.
Os novos párkings que se proxectan para Vigo son seis: Areal, Pintor Colmeiro, García Barbón, Genaro de la Fuente, Rosalía de Castro e Alcampo. En total, máis de 3.000 novas prazas de aparcamento, das cales entre un 10% e un 20% serán para residentes.
Descargar todas as imaxes