Escoitar

A Concellaría de Turismo participará en varias feiras internacionais neste inverno

A Xunta de Goberno Local, na súa reunión de hoxe luns, decidiu autorizar a Concellaría de Turismo para asistir ás seguintes feiras: BOOT de Düsseldorf, BTL de Lisboa, FITUR, BIT de Milán, ITB de Berlín, o Salón do Emprendedor do Atlántico, o Campionato do Mundo de Saltos e Vigo Náutica Internacional.

luns, 16 xan 2006
1137419420xunta160106.jpg
Polo mesmo acordo autorízanse os seguintes gastos para cubrir a asistencia da Concellaría de Turismo a estes eventos: reunións e conferencias, 50.300 euros; atencións protocolarias e representativas, 6.000 euros; gastos de locomoción de asistencia a feiras, 8.000 euros; dietas, 3.800 euros; dietas do persoal, 3.400 euros; gastos de transporte do material promocional, 5.000 euros.

As datas das feiras son estas: BOOT de Düsseldorf, do 21 ao 29 de xaneiro; BTL de Lisboa, do 18 ao 22 de xaneiro; FITUR, do 25 ao 29 de xaneiro; BIT de Milán, do 18 ao 21 de febreiro; ITB de Berlín, do 8 ao 12 de marzo; Salón do Emprendedor do Atlántico, do 27 ao 29 de xaneiro en Cotogrande; Campionato do Mundo de Saltos, do 10 ao 12 de febreiro en Cotogrande; Vigo Náutica Internacional, do 2 ao 5 de marzo en Cotogrande.

Rexistro Telemático de Documentación

Ademais, a Xunta de Goberno aprobou a creación do Rexistro Telemático de Documentación, para uso dos cidadáns rexistrados na Carpeta do Cidadán, que así poderán enviar desde a web oficial do Concello de Vigo (www.vigo.org) solicitudes, escritos e comunicacións ao Rexistro Xeral do Concello, coa mesma validez que as presentadas fisicamente.

Por outra parte, a Xunta de Goberno procedeu ao arquivo do procedemento de desafiuzamento administrativo incoado por resolución da propia Xunta de Goberno contra a entidade Aferfi SA, pola ocupación ilícita do edificio Montemar, situado no parque municipal do Castro.
Descargar todas as imaxes