Marta Iglesias asina un convenio para a creación dun viveiro de asociacións en Castrelos
Dotar de espazo as asociacións de Vigo para que poidan desenvolver as súas xuntanzas e actividades. Esta é unha demanda frecuente das entidades inscritas no Rexistro Municipal de Asociacións e que a Área de Participación Cidadá do Concello quere satisfacer a través de convenios como o asinado hoxe xoves coa Asociación "Monte da Mina" de Castrelos.
Por este convenio, asinado na Casa do Concello pola delegada do Goberno da Área de Participación Cidadá, Marta Iglesias, e a presidenta de "Monte da Mina", Elena Argibay, esta asociación comprométese a ceder espazos situados na primeira planta e no primeiro semisoto a oito entidades viguesas, por un periodo prorrogable que vai ata o 30 de setembro deste ano.
Este viveiro de asociacións contará con oito locais para outras tantas asociacións, ademais dunha sala de lecturas, unha sala de xuntas e un auditorio en réxime compartido.
O Concello comprométese a compensar a Asociación "Monte da Mina" pola cesión destes espazos cunha achega de 9.000 euros, dos cales a metade se aboa coa sinatura do convenio de colaboración e a outra metade cando este finalice, previa certificación do seu cumprimento polo Técnico da Concellaría de Participación Cidadá.
O mantemento das instalacións e os gastos ocasionados polo seu uso serán asumidos polas entidades integradas no viveiro de asociacións. "Monte da Mina" terá que xustificar estes gastos.
As asociacións interesadas poderán solicitar algún dos espazos do viveiro a partir de mañá venres. As entidades que finalmente formarán parte del serán seleccionadas ao longo deste mes.
A carencia de locais axeitados ás necesidades das asociacións fai que estas non poidan levar a cabo os seus fins. Por iso, a Concellaría de Participación Cidadá proxecta crear distintos viveiros de asociacións repartidos polo termo municipal de Vigo.
Descargar todas as imaxes