O Monte de A Guía acolle mañá unha nova cita gastronómica coa celebración da Festa da Sardiña

venres, 1 ago 2008

A organización servirá 1.500 quilos deste manxar tan típico do verán e ten previsto un programa festivo que se alongará ata ven entrada a madrugada

A segunda das citas gastronómicas recollidas dentro das Festas de Verán de Vigo 2008 terá lugar mañá no escenario natural do Monte de A Guía. Será o enxalzamento da Sardiña, un día no que os asistentes poderán degustar 1.500 quilos deste produto de mar e que dará comezo ás 10 da mañá. Xunto coa sardiña, vanse servir 500 quilos de pan de millo e outras alternativas para as mesas típicas das romarías, como churrasco, tortillas ou empanada.

A azotea do Verbum acollerá durante o mes de agosto o espectáculo multidisciplinar "Mércores ao solpor"

xoves, 31 xul 2008

O espectáculo multidisciplinar "Mércores ao solpor" será unha das actividades protagonistas durante o mes de agosto do Museo Verbum – Casa das Palabras, segundo anunciaron este xoves o concelleiro de Cultura, Xesus López, e o director do museo, Rosendo Covelo. Todos os mércores, ás 20.30 horas e ao prezo dun euro, distintos artistas de diversas disciplinas artísticas interectuarán co público asistente.

O Festival Creamfields ofrecerá este sábado quince horas de música electrónica sen descanso

xoves, 31 xul 2008

Os seus oito anos de traxectoria o avalan como o evento musical electrónico máis importante de todo o mundo. Trátase do Festival Creamfields, un evento que chega por primeira vez a Vigo e que foi presentado esta mañá polo concelleiro de Cultura, Xesus Lóez, o xerente do Instituto Feiral de Vigo, Arsenio Prieto, e o director do evento Lluis Torrens, de Sinnamon.

La Quinta Estación actuará por primeira vez en Vigo cun espectáculo moi coidado e familiar

mércores, 30 xul 2008

O Auditorio de Castrelos acollerá este sábado unha das xiras máis exitosas do verán. O grupo La Quinta Estación actuará por primeira vez en Vigo nun concerto que foi presentado esta mañá polo concelleiro de Cultura, Xesús López, e unha responsable da promotora do evento, Raquel Seijo. O recinto volverá a encherse de público esta fin de semana "evidenciando unha clara aposta por Castrelos", afirmou o edil nacionalista, quen fixo fincapé no "efecto" tan positivo que causa o escenario nos artistas. Xesús López fixo referencia á actuación de Roger Hodgson, quen logo de rematar o seu concerto e "abrazarse ao seu manager polo gran éxito" declarou que "Vigo é o segredo mellor gardado".

A exposición "De Vigo a Bos Aires, Laxeiro e a pintura galega de posguerra" inaugúrase mañá na Casa das Artes

mércores, 30 xul 2008

A Casa das Artes acolle dende mañá e ata o 31 de agosto a exposición "De Vigo a Bos Aires, Laxeiro e a pintura galega de posguerra", que mostra como Vigo se converteu no centro da creación plástica galega a partir de 1939 e ata 1951, ano no que Laxeiro viaxa a Bos Aires. Na presentación da mostra, a concelleira de Patrimonio Histórico, a nacionalista Elena Maure, salientou a "gran calidade da exposición" que permite facer un recorrido pola traxectoria pictórica de Galicia nos anos da posguerra.

O polifacético Rubén Blades elixe a cidade de Vigo como única cita galega da súa xira estatal

martes, 29 xul 2008

Unha nova cita coa música máis internacional chegará ao Auditorio de Castrelos mañá a partires das 23 horas. A actuación do polifacético Rubén Blades porá o punto e seguido a un musical mes de xullo cun concerto que foi presentado está mañá polo concelleiro de Cultura, Xesús López, e a responsable da promotora do evento, Raquel Seijo. O artista e actual ministro de Turismo de Panamá tocará algúns dos seus temas coa cantante galega Rosa Cedrón.

XVIII Mostra do Traxe Galego

luns, 28 xul 2008

O vindeiro sábado dia 9 de Agosto as 22:30 horas tera lugar na Praza de Compostela o XVIII MOSTRA DO TRAXE GALEGO, organizado pola Escola Municipal de Danza e Concellería de Cultura e Animación Sociocultural.